A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia é unha ferramenta que, mediante solucións naturais, consegue eficazmente unha serie de obxetivos ecolóxicos, económicos e sociais. Os recursos dos que dispoñemos na natureza non son inesgotables, polo que a súa explotación e uso debe ser sostible e proporcional. Na práctica, a infraestrutura verde constitúe unha rede de zonas naturais e seminaturais planificadas estratexicamente, ademais doutros elementos ambientais, cuxo fin é xestionar os servizos proporcionados polos ecosistemas da forma máis sostible en termos ambientais e económicos. Esta práctica pódese dar tanto en entornos rurais coma urbanos.

Participa

Consulta Pública Dixital

A través da Consulta Pública Dixital poderás xeolocalizar todos aqueles lugares de interese medioambiental que desde o teu coñecemento e criterio deberían ser tidos en conta na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia (EIVG). Pero, tamén poderás sinalar todos aqueles lugares que consideres que teñen un impacto medioambiental negativo e que, polo tanto, deberían ser […]

Encontros sectoriais

Nos encontros sectoriais poderán participar aquelas persoas, institucións públicas e privadas, asociacións e/ou representantes da Administración que estean interesados en participar nos encontros dalgún dos ámbitos temáticos co obxetivo de que persoas con intereses e coñecementos semellantes, poidan poñer os seus pareceres en común. Estes encontros contarán cunha parte informativa e cunha parte participativa e […]

Encontros comarcais

Estes encontros serán o espazo para que distintas organizacións, entidades e institucións dun mesmo territorio comenten diferentes cuestións sobre a Infraestrutura Verde. Vanse a realizar dous encontros por comarca, un de tipo institucional para persoal político e técnico, e un de tipo de social, para asociacións e particulares, adaptando as dinámicas á tipoloxía de cada […]

Inscrición

Equipo Redactor

Queres participar na elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia?