Equipo Redactor

 

O IET é un organismo pertencente á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e neste marco encárgase de realizar traballos de investigación, análise, estudo e difusión sobre urbanismo e ordenación do territorio; prestar asistencia e asesoramento aos concellos de Galicia, para a elaboración do planeamento urbanístico e a xestión e execución do planeamento; prestar apoio a Consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio e recompilar e tratar a información do territorio galego, así como a produción cartográfica para as diferentes consellerías e organismos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, especialmente en materia agraria e de desenvolvemento rural.

Web: http://cmaot.xunta.gal/organizacion/c/CMAOT_Instituto_Estudos_Territorio

 

Grupo de Investigación sobre Visualización Avanzada e Cartografía (videaLAB/cartoLAB) do Departamento de Enxeñería Civil da Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos:

O traballo do CartoLab básase fundamentalmente no emprego dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG) para obter unha planificación e xestión máis eficaz das infraestruturas, os servizos, os recursos e os espazos territoriais. Desenvolven e implementan metodoloxías e aplicacións para a captura, tratamento, análise e representación de datos xeoespaciais, que se poñen en práctica en proxectos de I+D+i, así como mediante traballos de colaboración con organismos públicos e privados.

Coordinador: Dr. Francisco Alberto Varela García.
Web: http://cartolab.udc.es/cartoweb/

Laboratorio de Biodiversidade, do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER):

Trátase dun instituto universitario de investigación científico-técnica situado na cidade de Lugo (Galicia). Os investigadores do IBADER centran a súa actividade no Medio Rural, desde unha perspectiva holística e sustentable, a través de dúas grandes liñas: Ambiental (Biodiversidade, Planificación e Ordenación do Territorio, Desenvolvemento Rural, Economía Sustentable, Sistemas de Información Xeográfica, Observación Remota) e Agrosistemas (Recursos Agrícolas, Gandeiros e Forestais, Chans, Auga, Residuos).

Coordinador: Dr. Pablo Ramil Rego
Web: http://www.ibader.gal/index.html

Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA):

O Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (IDEGA) é un centro da Universidade de Santiago que ten como principais obxectivos a investigación básica e a aplicada no ámbito das ciencias sociais, tanto sobre os problemas de desenvolvemento económico do pasado coma do presente, con especial atención á realidade social e económica de Galicia. Partindo deste presuposto, o IDEGA convértese nun ámbito de encontro interdisciplinar da Economía, a Historia, a Xeografía e a Socioloxía.

Coordinador: Dr. Emilio Díaz Varela.
Web: http://www.usc.es/idega/

Laboratorio do Territorio do Grupo de Investigación 1934 – Territorio e Biodiversidade de Galicia (LaboraTe):

O Laboratorio do Territorio (LaboraTe) é un grupo de investigación e docencia integrado por profesores e investigadores de diferentes áreas de coñecemento, onde o territorio en sentido amplo, e especialmente o territorio rural, constitúen o seu principal ámbito de traballo. O feito de estar integrados dentro dunha Escola de Enxeñería, orienta todas as súas actividades cara a investigación-acción, é dicir, cara un desenvolvemento integral do medio rural que orixine a mellora da calidade de vida dos seus habitantes.

Coordinador: Dr. David Miranda Barrós.
Web: http://laborate.usc.es/index.html

Departamento de Proxectos Arquitectónicos Urbanismo e Composición (DPAUC):

DPAUC está adscrito á Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e integra as áreas de coñecemento de Proxectos Arquitectónicos, Urbanística e Ordenación do Territorio, e Composición Arquitectónica. Dentro do departamento existen distintos grupos e proxectos de investigación con cadansúas liñas de investigación relacionadas con proxectos arquitectónicos, urbanísticos e sobre o patrimonio.

Coordinador: Dr. Javier González Harguindey.
Web: http://dpauc.udc.es