Para que?

A Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia non soamente é un proxecto necesario en termos ambientais, que por suposto, e especialmente na nosa rexión, aporta un gran valor ao axudar a manter o noso patrimonio natural, mantendo a biodiversidade e rectificando parte da degradación e fragmentación dos ecosistemas. Ademais, os beneficios aportados pola natureza veríanse reflectidos tamén na sociedade galega, xa que a estratexia dunha infraestrutura verde proporciona solucións rentables baseadas na natureza a problemas como poden ser tanto á perda de saúde humana, á escaseza de enerxías e recursos, prever e combater desastres naturais como as innundacións e paliar os efectos do cambio climático.

Fora de todos os beneficios que aportaría á comunidade, tamén aportaría beneficios directos a economía se se ten en conta a creación de emprego e as distintas oportunidades que aportaría a pequenas empresas.