CartoLab

Grupo de Investigación sobre Visualización Avanzada e Cartografía (videaLAB/cartoLAB) do Departamento de Enxeñería Civil da Escola de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos:

O traballo do CartoLab básase fundamentalmente no emprego dos Sistemas de Información Xeográfica (SIG) para obter unha planificación e xestión máis eficaz das infraestructuras, os servizos, os recursos e os espazos territoriais. Desenvolven e implementan metodoloxías e aplicacións para a captura, tratamento, análise e representación de datos xeoespaciais, que se poñen en práctica en proxectos de I+D+i, así como mediante traballos de colaboración con organismos públicos e privados.

Coordinador: Dr. Francisco Alberto Varela García.
Web: http://cartolab.udc.es/cartoweb/