Participa

Encontros comarcais

Estes encontros serán o espazo para que distintas organizacións, entidades e institucións dun mesmo territorio comenten diferentes cuestións sobre a Infraestrutura Verde. Vanse a realizar dous encontros por comarca, un de tipo institucional para persoal político e técnico, e un de tipo de social, para asociacións e particulares, adaptando as dinámicas á tipoloxía de cada encontro.

Ao igual que nos encontros sectoriais, existirá unha parte informativa na que se levará a cabo unha exposición da Estratexia de Infraestrutura Verde para achegar o concepto e o Proceso de Participación Pública dun xeito máis próximo. Tamén unha parte participativa, na que se empregarán diversas ferramentas.

Inscrición

Encontros sectoriais

Nos encontros sectoriais poderán participar aquelas persoas, institucións públicas e privadas, asociacións e/ou representantes da Administración que estean interesados en participar nos encontros dalgún dos ámbitos temáticos co obxetivo de que persoas con intereses e coñecementos semellantes, poidan poñer os seus pareceres en común. Estes encontros contarán cunha parte informativa e cunha parte participativa e dividiranse, por exemplo, nas seguintes temáticas: ambiental
, agrario-gandeiro, enerxético
, forestal
, patrimonio-cultural e turismo-deporte.

Inscrición

Consulta Pública Dixital

A través da Consulta Pública Dixital poderás xeolocalizar todos aqueles lugares de interese medioambiental que desde o teu coñecemento e criterio deberían ser tidos en conta na Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia (EIVG). Pero, tamén poderás sinalar todos aqueles lugares que consideres que teñen un impacto medioambiental negativo e que, polo tanto, deberían ser atendidos na EIVG.

Todas as achegas que realices resultarán imprescindibles para a axeitada definición da estratexia a desenvolver nos próximos anos en Galicia.

Entra na seguinte ligazón e comparte o teu coñecemento: Consulta Pública Dixital

 

Propostas de actuacións ambientais e/ou de mellora e recuperación ambiental

Esta é unha sinxela ferramenta de traballo para poder recoller todas aquelas propostas de actuacións ambientais e/ou de mellora e recuperación ambiental para a elaboración da Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia.

Envía as túas propostas, cumprimentando o seguinte formulario.

Caixa de propostas

*
*
*